viernes, 27 de marzo de 2009
Nadal
Outro Nadal, outro ano que remata en Centieiras, e sempre camiñando todos e todas ne mesma dirección, cara a convertirnos en persoas, en boas persoas, esas que levan o respecto como bandeira, respecto ao medio ambiente, as e aos que son iguais, e aos que son diferentes, a todas as formas nas que se nos presenta a cultura, a nosa e as alleas: as linguas, a literatura, o arte, a arquitectura, e a utilizar como única arma a palabra, rexeitando calquera tipo de violencia.
Por iso, este ano, tivemos un festival moi especial no que houbo panxoliñas, pero tamén unha mostra do que foi o primeiro trimestre de curso e final de 2008.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)