lunes, 15 de junio de 2009

SEMANA DO LIBRO

En abril, o día do libro transformuose no CEIP de Centieiras en Semana de libro. Houbo multitude de actividades: contacontos, alumnado dos cursos maiores lendo libros aos máis pequenos, recortes de comics na prensa, ...

O comic foi o grande tema que nos xuntou nestas actividades e outras moitas durante o curso.

As fotografías corresponden ao aspecto da entrada do cole nesa semana.

jueves, 11 de junio de 2009

MÁIS VISITAS




O alcalde de Fene Iván Puentes e, o daquela delegado de educación José Manuel Mouriz, viñeron a contar un conto aos nenos e nenas de educación infantil.

Quedou demostrado que o cargo non foi suficiente para librarse das preguntas do noso curioso alumando.



jueves, 4 de junio de 2009

TESOUROS DO DÍA DA ÁRBORE

As nenas e os nenos de terceiro curso recibiron na súa clase, có gaio do día da árbore, nada máis e nada menos que ás primas de Indiana Jones, que lles mostraron todos os tesouros que se podían atopar no bosque.


lunes, 1 de junio de 2009

APRENDENDO A CIRCULAR

Os nenos e as nenas de terceiro e cuarto fomos ao "Parque de educación vial" en Barallobre. Unha vez alí dividíronnos en dous grupos: un grupo asistía a clases teóricas mentres o outro recibía clases prácticas nas pistas do parque.
Aprendimos os tipos de sinais e vimos videos sobre o comportamento correcto cando somos peóns ou conductores e conductoras.
Unha das partes máis divertidas foi ver ao mestre Balado montadio nun kart eléctrico. Nós puidemos montar en varios vehículos: patinetes, karts de dous pasaxeiros, karts individuais, bicicletas, karts eléctricos, ...
Voltamos andando ao cole e día máis tarde recibimos un diploma.
Foi un díaproveitoso e divertido.

(TRABALLO FEITO POLO ALUMNADO DE 4ºA)